No cine como na vida, as altas expectativas xogan en contra. As únicas que se benefician plenamente delas son as axencias de marketing. Antes das estreas, hai campañas publicitarias, na maioría dos casos, centradas sobre o azar e as falsas esperanzas.
As produtoras xeran expectativas sobre unha secuela esperado que teña o mesmo final feliz en taquilla que a anterior. Máis tempo transcorre desde unha boa película e a súa nova entrega, máis altas serán as expectativas no público (e proporcionalmente podería chegar a súa decepción). Pasaron 25 anos desde a estrea de 28 días después (2002) de Danny Boyle, un filme que cambiou para sempre a forma de entender o “xénero zombi”.
Os mortos viventes romerianos pasaron de ser uns monstros consumidos, inconscientes, lentos, e incluso patosos, a converterse en criaturas rabiosas, con enerxías sobrenaturais e actitudes de corredores de 100 metros. Para esta terceira parte (a segunda foi a discreta 28 semanas después (2007) de Juan Carlos Fresnadillo) Boyle volveu a facer as paces co seu histórico amigo e colaborador Alex Garland. E a historia volve a reconectar, 28 anos despois, coa situación dunha Gran Bretaña completamente illada do resto do mundo.
En Holy Island, unha illa máis pequena conectada coa grande só a través dun camiño que se pode percorrer durante a marea baixa, unha comunidade involucionada á idade media sobrevive nun escenario post apocalíptico. Mentres tanto os infectados atoparon un sitio propio no reino animal. Algúns deles – os chamados Alpha – incluso parecen haber evolucionado a neandertales.
No conxunto o filme escrito por Boyle e Garland é un horror histriónico, mutante, no bo e no mal sentido O filme intenta recuperar frescura da primeira arriscada entrega, que tiña un orzamento de 8 millóns de dólares e recadou 84 millóns. Neste caso, o cineasta aposta por un iPhone 15 Prol Max, e o filme atopa na súas imaxes sucias, na súa estética crúa así como no traballo de montaxe paralelo os seus mellores acertos. As secuencias máis logradas está todas na primeira parte do filme, especialmente no adestramento militar de parte dun pai ao seu fillo onde se superpoñen as imaxes das Cruzadas, das guerras mundiais do século XX e coa poesía de Rudyard Kipling ‘Boots’ de fondo, xerando un efecto estráñante e moi poderoso.
28 años después intenta manter un diálogo coa contemporaneidade, a última pandemia mundial e sobre todo o brexit… Incluso amplifica o debate que se pode atopar no ensaio irónico-filosófico escrito por Jeffrey A. Hinzmann e Robert Arp no libro colectivo The Walking Dead. É moralmente correcto matar a un zombi? Fronte á evolución dos infectados (algúns xa poden procrear) resulta lícito preguntarse se, dalgunha maneira, os zombis poden sufrir dano nun sentido moral.
No conxunto o filme escrito por Boyle e Garland é un horror histriónico, mutante, no bo e no mal sentido. Por exemplo, na última parte ambientada no santuario memento mori di Ian Kelson (Ralph Finnes), máis aló das boas intencións e das contundentes reflexións sobre a morte, a película parece descarrilar perigosamente. Ralph Finnes convértese nunha versión case paródica do coronel Kurz: o seu santuario é unha location moito máis gore e grotesca que a de Apocalyspe Now.
Aínda peor é o epílogo: un final aberto que é case un tráiler. Preséntase uns novos personaxes que parecen saír dun videoxogo, e fan predicir que haberá outra entrega, e seguramente outras máis nunha lóxica serial propia das plataformas dixitais. Un xogo de expectativas co propósito de facer caixa e que acabará, case seguramente, zombificando o espectador cinematográfico.
Dúas empresas galegas presentes no Sunny Side of the Doc Dúas empresas galegas, Somadrome de A Coruña e Noveolas Producciones de Ourense, estiveron presentes no mercado internacional de cinema documentario de La Rochelle en Francia. O Sunny Side of the Doc chegou este ano a súa edición número 36, e tivo lugar desde o 22 ao 25 de xuño. Na cidade costeira francesa, cada ano, creadores, produtores, distribuidores, canles de televisións e plataformas dixitais, film commision e axentes de ventas de todo o mundo, danse cita para establecer contactos e crear sinerxías.